– O CIM de Silleda promove esta actividade co fin de mellorar a calidade de vida das mulleres, en especial de aquelas que se atopan en situación de vulnerabilidade
Silleda, 11 de abril de 2016. O Centro de Información ás Mulleres de Silleda ven de programar un Seminario de Economía Doméstica co fin de ensinar a economizar e priorizar gastos nos núcleos familiares en tempos de crise.
Esta actividade distribuirase en seis sesións de dúas horas de duración cada unha delas, a desenvolver entre os meses de abril a setembro do presente ano.
As sesións serán as seguintes:
1. Relacións con entidades financeiras
2. Aforro de enerxía no fogar
3. Aforro de auga no fogar
4. Mobilidade sostible dende o fogar
5. Consumo doméstico: recomendacións para aforrar na cesta da compra
6. Recomendacións para aforrar na limpeza do fogar
O primeiro dos módulos, “Relacións con entidades financeiras” terá lugar o próximo xoves, 21 de abril, ás 16:00 horas, na Casa da Cultura de Silleda, e terá por obxectivos:
- Proporcionar ás mulleres asistentes maiores coñecementos sobre os riscos e potencialidades dos produtos financeiros
- Favorecer unha mellor xestión e maior independencia económica entre o colectivo asistente
Esta charla, impartida por Elisa Lodeiro Vázquez, Licenciada en Administración e Dirección de Empresas, e tamén experta en xestión económico financeira, contabilidade e auditoría, terá a seguinte programación:
1. Introdución á economía doméstica
- Elaboración dun orzamento familiar como paso previo para conseguir unha adecuada xestión da economía doméstica.
- Establecer cales son as necesidades básicas: Unha forma de optimizar o gasto é planificalo.
- Determinar o nivel de endebedamento e financiamento necesario en relación con ingresos que ten a unidade familiar.
2. Xestión da economía doméstica
- Presentación das distintas formas de financiamento: familiares, entidades financeiras, entidades de diñeiro rápido
3. Análise custe/risco de cada fonte de financiamento
- Negociación con entidades prestamistas para minimizar o custe financeiro
- Interpretación da “letra pequena” que aparece en tódolos contratos/produtos financeiros.
O prazo de inscrición para acudir a este seminario está aberto ata o martes 19 de abril, e poderase facer nas instalacións do CIM, (Rúa Chousa Nova, 67), ou no teléfono 986.592.037