Seminarios de economía doméstica para mulleres

– O CIM de Silleda promove esta actividade co fin de mellorar a calidade de vida das mulleres, en especial de aquelas que se atopan en situación de vulnerabilidade

Silleda, 11 de abril de 2016.  O Centro de Información ás Mulleres de Silleda ven de programar un Seminario de Economía Doméstica co fin de ensinar a economizar e priorizar gastos nos núcleos familiares en tempos de crise.

Esta actividade distribuirase en seis sesións de dúas horas de duración cada unha delas, a desenvolver entre os meses de abril a setembro do presente ano.

As sesións serán as seguintes:

1.     Relacións con entidades financeiras

2.     Aforro de enerxía no fogar

3.     Aforro de auga no fogar

4.     Mobilidade sostible dende o fogar

5.     Consumo doméstico: recomendacións para aforrar na cesta da compra

6.     Recomendacións para aforrar na limpeza do fogar

O primeiro dos módulos, “Relacións con entidades financeiras” terá lugar o próximo xoves, 21 de abril, ás 16:00 horas, na Casa da Cultura de Silleda, e terá por obxectivos:

  • Proporcionar ás mulleres asistentes maiores coñecementos sobre os riscos e potencialidades dos produtos financeiros
  • Favorecer unha mellor xestión e maior independencia económica entre o colectivo asistente

Esta charla, impartida por Elisa Lodeiro Vázquez, Licenciada en Administración e Dirección de Empresas, e tamén experta en xestión económico financeira, contabilidade e auditoría, terá a seguinte programación:

1.     Introdución á economía doméstica

  • Elaboración dun orzamento familiar como paso previo para conseguir unha adecuada xestión da economía doméstica.
  • Establecer cales son as necesidades básicas: Unha forma de optimizar o gasto é planificalo.
  • Determinar o nivel de endebedamento e financiamento necesario en relación con ingresos  que ten a unidade familiar.

2.     Xestión da economía doméstica

  • Presentación das distintas formas de financiamento: familiares, entidades financeiras, entidades de diñeiro rápido

3.     Análise custe/risco de cada fonte de financiamento

  • Negociación con entidades prestamistas para minimizar o custe financeiro
  • Interpretación da “letra pequena” que aparece en tódolos contratos/produtos financeiros.

O prazo de inscrición para acudir a este seminario está aberto ata o martes 19 de abril, e poderase facer nas instalacións do CIM, (Rúa Chousa Nova, 67), ou no teléfono 986.592.037