Silleda, 12 de febreiro de 2018. Dentro das actuacións enmarcadas na da Rede de entidades locais contra violencia de xénero para este ano, Silleda acolle unha charla informativa sobre a trata de seres humanos, preferentementemente mulleres e nenas con fins de explotación sexual, delito denominado xa a nova escravitude do século XXI.
A cita, organizada dende o departamento de Igualdade de Silleda será este venres día 16, ás 11:00 horas nas dependencias do Centro de Información á Muller (CIM) coa participación de Lourdes Pazo García, educadora e responsable da área de sensibilización do Programa Vagalume. Este proxecto ofrece atención integral e acompañamento ás mulleres vítimas de trata e/ou en contexto de prostitución. En Vagalume ofréceselle a estas mulleres información, asesoramento e acompañamento totalmente gratuito, confidencial e non discriminatorio.