Silleda acolle unha charla sobre a trata de seres humanos no marco das accións contra a violencia de xénero

Silleda, 12 de febreiro de 2018.  Dentro das actuacións enmarcadas na da Rede de entidades locais contra violencia de xénero para este ano, Silleda acolle unha charla informativa sobre a trata de seres humanos, preferentementemente mulleres e nenas con fins de explotación sexual, delito denominado xa a nova escravitude do século XXI.

 A  cita, organizada dende o departamento de Igualdade de Silleda será este venres día 16, ás 11:00 horas nas dependencias do Centro de Información á Muller (CIM) coa participación de Lourdes Pazo García, educadora e responsable da área de sensibilización do Programa Vagalume. Este proxecto ofrece atención integral e acompañamento ás mulleres vítimas de trata e/ou en contexto de prostitución. En Vagalume ofréceselle a estas mulleres información, asesoramento e acompañamento totalmente gratuito, confidencial e non discriminatorio.