Silleda, no nivel medio de restriccións pola Covid-19 dende o 4 de decembro

Silleda, 4 de decembro de 2019. O municipio de Silleda atópase no chamado nivel medio das restriccións aplicadas pola Xunta de Galicia dende hoxe venres día 4 de decembro, cunha serie de medidas para tratar de reducir a evolución da enfermidade. A día de hoxe o municipio conta con 15 casos activos e cunha incidencia acumulada nos últimos 14 días que supera os 200. Á espera de que a evolución epidemiolóxica mellore e que a situación permita baixar ao nivel básico de restriccións estas son as medidas que afectan ao municipio de Silleda:

**Peche perimetral do municipio de Silleda. Non se poderá entrar nen sair salvo causa xustificada.
 
➡️Limitación de grupos a 6 persoas agás convivintes, actividades laboráis, administrativas, educativas e deporte federado.
 
➡️Limitación da mobilidade dende as 23.00 as 06:00 h.
 
➡️🍸🍴🍻Hostalería e restauración: 40% en interior e 50% terrazas. Prohibido consumo en barra. Apertura ata 23:00h. Máximo 6 persoas por mesa.
 
➡️Locais comerciais💳: 50% da capacidade.
 
➡️Mercados e feiras: 50% dos postos habituais.
 
➡️Academias, autoescolas, centros privados de ensino non regrados, centros de formación : 50% da súa capacidade.
 
➡️Velatorios e enterros: 25 persoas ao aire libre e 10 persoas en espazo pechado.
 
➡️⛪️Lugares de culto: 1/3 da súa capacidade.
 
➡️🏨Hoteis e albergues: zonas comúns ao 50% da capacidade.
 
➡️📖Bibliotecas, museos, salas de exposición e monumentos: 50% da súa capacidade.
 
➡️🎭Eventos deportivos e culturais: 33% da capacidade. Público sentado cunha distancia de 1,5 metros nas 4 direccións (salvo convivintes). Máximo 500 persoas en interior e 1.000 en exterior.
 
➡️Actividade de tempo libre para a poboación xuvenil e infantil: O aire libre: 50% da súa capacidade, max 100 participantes (excluido monitor).Espazos pechados: 50% da súa capacidade, max de 50 participantes.
 
➡️Centros sociais: 50% da súa capacidade.
 
➡️Parques e zonas deportivas ao aire libre 1 persoa cada catro m2.
Máis información na web www.coronavirus.sergas.gal