Silleda, 10 de decembro de 2015. Unha trintena de establecementos comerciais do municipio silledense participa este ano no programa Silledagasallaun certame que se estrenou o pasado ano dentro da campaña de Nadal cun grande éxito.
Trátase dunha iniciativa posta en marcha dende a Concellería de Normalización Lingüística, que dirixe Aida Castro, en colaboración cos centros educativos e o sector do comercio de Silleda.
Con este certame, para o fomento da lingua galega elixiranse os lemas máis orixinais que logo se repartirán entre os comercios para acompañar os agasallos de Nadal dos clientes.
Trátase de que o alumnado aporte lemas en galego relacionados coas datas de Nadal. Estes lemas serán logo editados polo Concello de Silleda, converíndoos en pegatinas de felicitación que serán repartidas a aqueles comercios do municipio de Silleda, que así o soliciten, para a decoración dos agasallos de Nadal.
Os lemas comezarán a repartirse a vindeira semana nos comercios, acompañando –en forma de pegatina-aos regalos de Nadal.
Dende a Concellería de Normalización Lingüística non se plantexa esta actividade como concurso, senon como participación de todo o alumnado.
Dende a Concellería de Normalización, Aida Castro agradece aos centros educativos que participaron, o IES Pintor Colmeiro, CEIP de Silleda, Colexio María Inmaculada e o Servizo Lúdico Educativo “a súa implicación con esta iniciativa, na que volveremos atopar unha grande orixinalidade dos alumnos e alumnas á hora de parabenizar estas datas”, engade.
Tamén agradece a participación do comercio, “o outro eixo desta iniciativa para dar a coñecer os lemas presentados”, engade.