Silleda, 23 de febreiro de 2018. Hoxe venres terá lugar no Centro Social de Abades un encontro informativo cos propietarios de terreos de monte das parroquias de Abades e Pazos. Os propios veciños solicitaron en datas pasadas ao Concello de Silleda que se tramitara ante a Consellería de Medio Rural este proceso.
O alcalde, Manuel Cuiña, que asistirá ao encontro explica que a proposta vén a raíz dunha das últimas reunión que mantivo coa conselleira de Medio Rural , na que propuxo optar por este tipo de concentracións “sempre e cando o 100% dos propitearios estén de acordo”.
Na reunión desta tarde o persoal técnico da consellería explicará en qué condicións se realizará a concentración dos predios e a qué se comprometen cada un dos propietarios que participen no proceso, cun plantexamento moi similar ás parcelarias que se decretan.
“De levarse a cabo será a primeira concentración deste tipo que se acometa no municipio de Silleda”, indica Manuel Cuiña, que advirte dos beneficios que supón ter os terreos de monte concentrados.
“Hoxe vaise a explicar de forma detallada cómo se levaría a cabo esta concentración, aínda que o primeiro paso de contar co apoio de prácticamente todos os propietarios e propietarias da zona é xa un primeiro paso moi importante para que o proceso se poida levar en marcha”, engade.