Veciños de Abades e Pazos solicitan ao Concello tramitar unha concentración privada de montes

Silleda, 23 de febreiro de 2018.  Hoxe venres terá lugar no Centro Social de Abades un encontro informativo cos propietarios de terreos de monte das parroquias de Abades e Pazos. Os propios veciños solicitaron en datas pasadas ao Concello de Silleda que se tramitara ante a Consellería de Medio Rural este proceso.

O alcalde, Manuel Cuiña, que asistirá ao encontro explica que a proposta vén a raíz dunha das últimas reunión que mantivo coa conselleira de Medio Rural , na que propuxo optar por este tipo de concentracións “sempre e cando o 100% dos propitearios estén de acordo”.

Na reunión desta tarde o persoal técnico da consellería explicará en qué condicións se realizará a concentración dos predios e a qué se comprometen cada un dos propietarios que participen no proceso, cun plantexamento moi similar ás parcelarias que se decretan.

“De levarse a cabo será a primeira concentración deste tipo que se acometa no municipio de Silleda”, indica Manuel Cuiña, que advirte dos beneficios que supón ter os terreos de monte concentrados.

“Hoxe vaise a explicar de forma detallada cómo se levaría a cabo esta concentración, aínda que o primeiro paso de contar co apoio de prácticamente todos os propietarios e propietarias da zona é xa un primeiro paso moi importante para que o proceso se poida levar en marcha”, engade.