Parque empresarial Área 33

Ademais de contar cun destacado comercio tradicional, Silleda ten no parque empresarial Área 33 a súa referencia no plano industrial.

Situado ao pé da N-525 e cunha conexión cercana á AP-53, o polígono conta con dúas fases, logo da súa posta en marcha no ano 1996.

Nos últimos anos, dende o Concello de Silleda realizáronse distintas actuacións a través da lixa de axudas da Consellería de Economía e Industria para a mellora deste recinto empresarial, como a mellora da iluminación, dotación de placas fotovoltaicas ou a sinalización e dotación de rueiro en todo o viario, que tamén se reformou.