ANUNCIO DE LICITACIÓN
Anuncio en Perfil Contratante /BOP, Sede Electrónica e Plataforma Contratación
Licitación do contrato de “Subministro de combustible con destino aos vehículos e maquinaria do Concello de Silleda”.
1.OBXECTO e procedemento de adxudicación. O obxecto do contrato é o subministro de combustible con destino aos vehículos e maquinaria do Concello de Silleda, na medida das necesidades que a Corporación demande e de conformidade co contido do Prego de Prescripciones Técnicas Particulares así como os factores de todo orde a ter en conta.
Debido ás peculiaridades do subministro, segundo se establece no Prego de Prescricións Técnicas Particulares, o mesmo non é susceptible de dividilo en lotes, dado que se trata dun subministro de carburantes en estación de servizo, na que a parte máis representativa do contrato é o gasóleo; non se considera oportuno proceder a división por lotes de tipo de combustible ou vehículos, dado que o obxecto é o de centralizar o servizo, non de dispersalo.
A necesidade de subministrar combustible para o funcionamento dos diferentes vehículos dos servizos dependentes do Concello, xustifícase a idoneidade de realizar a contratación con empresas comercializadoras acorde coa regulación sectorial do mercado de hidrocarburos, atendendo aos principios establecidos no Preego de Prescripciones Técnicas Particulares.
O contrato definido ten a cualificación de contrato administrativo de subministración, de acordo co artigo 16 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se transponen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014.
2. TIPO DE LICITACIÓN.
VALOR ESTIMADO DO CONTRATO
O valor estimado do contrato é de 71.074,38 euros (IVE aparte), por 2 ANOS (No suposto de prórroga); 35.537,19 por UN ANO (IVE aparte).
O presuposto base de licitación é de 43.000 euros/ano, taxas e impostos incluídos (IVE incluido).
3. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN. A forma de adxudicación do contrato será o procedemento aberto simplificado sumario, de acordo co disposto na cláusula 16 do Prego.
Perfil de contratante
Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade, este Concello conta co Perfil de Contratante ao que se terá acceso segundo as especificacións que se regulan na páxina web seguinte: www.silleda.es
4. PRAZO EXECUCION/DURACION. A duración do contrato será de UN ANO, se contará a partir do día seguinte ao da formalización do mesmo e poderá prorrogarse por UN ANO.
5. PROPOSICIÓNS. Lugar e prazo. Os licitadores presentarán as proposicións, preferentemente de forma electrónica a través da Plataforma Gestiona de Administración Electrónica de Silleda ou no Rexistro Xeral do Concello, dentro do prazo de 10 días, a contar desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Perfil do Contratante/BOP, que tamén se anunciará na Plataforma de Contratación do Estado. As Bases e demais trámites se publicarán no Perfil do Contratante do Concello de Silleda ao que se terá acceso segundo as especificacións que se regulan na páxina web: www.silleda.es. Igualmente no Perfil Contratación Administración Electrónica de SILLEDA (Gestiona). URL: https://gestiona-05.espublico.com/
6. DOCUMENTACIÓN E INFORMACIÓN. No Perfil do Contratante, onde se publican os Pregos e as restantes actuacións desta contratación e na Secretaría Municipal.
a) Organismo: Concello de Silleda.
b) Dependencia que tramita el expediente. Secretaría.
c) Obtención de documentación e información:
1) Dependencia: Secretaría.
2) Domicilio: Rúa do Trasdeza, 55.
3) Localidad y código postal: Silleda, 36540.
4) Teléfono: 986580000.
5) Telefax: 986581021.
6) Correo electrónico: info@silleda.gal, aedl@silleda.es; david.garcia@silleda.es.
7) Dirección de Internet do perfil del contratante. www.silleda.es . Administración
Electrónica de SILLEDA (Gestiona). URL: https://gestiona-05.espublico.com/
7. GARANTÍA PROVISIONAL. non se esixe. Garantía definitiva: o 5% de prezo de adxudicación, IVE excluído.
8. Revisión de prezos. De acordo coa cláusula 6 do Prego.
9. GASTOS DE ANUNCIOS. O gasto derivado das publicacións desta licitación será por conta do adxudicatario.
SILLEDA a 14 de Xuño do 2018.
O Alcalde
Manuel Cuiña Fernandez