****NOTA ACLARATORIA: Ante a imposibilidade de subir a documentación electrónicamente, por causas alleas ao Concello de Silleda, tal e como se reflicte no anuncio publicado no BOP de Pontevedra, os licitadores deberán de presentar as súas propostas en formato papel (ou dixital) a través do Rexistro Xeral do Concello, en horario de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas. O prazo de presentación remata o luns 14 de maio.
ANUNCIO DE LICITACIÓN
Anuncio en BOP, Perfil Contratante, Sede Electrónica e Plataforma Contratación
Licitación do contrato de “INSTALACIÓN DE PRANTA E REDE DUN CENTRO DE PRODUCIÓN E ABASTECEMENTO ENERXÉTICO” (Cun orzamento total de 816.587,67 €, financiados nun 80% polo INEGA, e o 20 % restante o municipio. Dentro do programa operativo FEDER-GALICIA 2014-2020, conforme o Proxecto “Red de calor “District Heating” con biomasa en Silleda.Fase I”) (Acordo plenario de 6 Abril de 2018).
1. OBXECTO e procedemento de adxudicación: O obxecto do contrato é a realización das obras consistentes na “INSTALACIÓN DE PRANTA E REDE DUN CENTRO DE PRODUCIÓN E ABASTECEMENTO ENERXÉTICO”, segundo proxecto redactado polo ENXEÑEIRO INDUSTRIAL RICARDO GONZÁLEZ SANTOS.
Execución das obras dunha rede de calor con biomasa para o subministro de calefacción e/ou auga quente sanitaria (AQS) nás seguintes instalacións: pavillón de deportes; campo de fútbol; residencia; hotel; guardería e piscina municipal co obxectivo dá mellora do calentamiento global ó reducir as emisións de CO2, ademais dá optimización do consumo enerxético reducindo custos e aumentando o tempo de vida útil dos equipos. |
O contrato ten a cualificación de contrato administrativo de obras, de acordo co artigo 13 da Lei 9/2017, de Contratos do Sector Público.
A obra está subvencionada por INEGA, polo que o contratista colocará un cartel publicitario durante a execución, e logo da súa finalización, unha placa explicativa permanente nos que se sinale que as actuacións contan co financiamento do INEGA-XUNTA DE GALICIA e UNIÓN EUROPEA.
2. TIPO DE LICITACIÓN, 816.587,67 €, IVE incluído. O importe do contrato ascende á contía de 674.865,84€ de execución material –que inclúe gastos xerais, beneficio industrial e custe redacción proxecto-, ao que se engade o Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) por valor de 141.721,83 €, o que supón un total de 816.587,67 €. (674.865,84 € + 141.721,83 € = 816.587,67 €)
3. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN: Realizarase utilizando unha pluralidade de criterios de adxudicación en base á mellor relación calidade – prezo, de conformidade co que se establece na cláusula 11ª e demais do Prego.
4. PRAZO EXECUCION: O prazo de execución das obras será de 3 meses a contar desde a acta de comprobación do replanto (Se estima a iniciación o 28/06/2018, en tanto deberá estar certificada o 28/09/018 coma data límite)
5. PROPOSICIÓNS. Lugar e prazo: os licitadores presentarán as proposicións, preferentemente de forma electrónica a través da Plataforma de Contratación do Sector Público do Estado, ou, alternativamente, en caso de imposibilidade, no Rexistro Xeral do Concello, dentro do prazo de 26 días naturais, a contar desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no BOP e Perfil do Contratante, que tamén se anunciará na Plataforma de Contratación do Estado. As Bases e demais trámites se publicarán no Perfil do Contratante do Concello de Silleda ao que se terá acceso segundo as especificacións que se regulan na páxina web: www.silleda.es. Igualmente no Perfil Contratación Administración Electrónica de SILLEDA (Gestiona). URL: https://gestiona-05.espublico.com/
Clasificación. Requisito indispensable é que o empresario dispoña da seguinte clasificación:
-
GRUPO
SUBGRUPO
CATEGORIA
Grupo J
Subgrupo 2
D
6. DOCUMENTACIÓN E INFORMACIÓN: No Perfil do Contratante, onde se publican os Pregos e as restantes actuacións desta contratación e na Secretaría Municipal.
a) Organismo: Concello de Silleda.
b) Dependencia que tramita el expediente. Secretaría.
c) Obtención de documentación e información:
1) Dependencia: Secretaría.
2) Domicilio: Rúa do Trasdeza, 55.
3) Localidad y código postal: Silleda, 36540.
4) Teléfono: 986580000.
5) Telefax: 986581021.
6) Correo electrónico: ricardo.gonzalez@silleda.gal; (Enxeneiro
Redactor) info@silleda.gal, aedl@silleda.es; david.garcia@silleda.es.
7) Dirección de Internet do perfil del contratante. www.silleda.es . Administración
Electrónica de SILLEDA (Gestiona). URL: https://gestiona-05.espublico.com/
7. GARANTÍA PROVISIONAL: non se esixe. Garantía definitiva: o 5% de prezo de adxudicación, IVE excluído.
8. Revisión de prezos: Non se aplicará fórmula algunha de revisión.
9. GASTOS DE ANUNCIOS: o gasto derivado das publicacións desta licitación será por conta do adxudicatario.
SILLEDA a 9 de Abril do 2018
O ALCALDE
Manuel Cuiña Fernandez