Romaría do Rapaz

Dende hai máis de 30 anos o Concello de Silleda acolle o último domingo de xuño unha festa única e singular: a Romaría do Rapaz, no recinto da Saleta de Siador, unha festa feita por e para os nenos que comezou organizándose dende a sociedade silledense e que agora asume a Concellaría de Cultura.