Servizo Municipal de Augas

Dende xaneiro de 2017 o Concello de Silleda asumiu o Servizo Municipal de Abastecemento de Augas e depuración. A ampliación e mellora dos abastecementos, tanto nas vilas coma no rural, é un dos obxectivos do goberno municipal. Para realizar trámites ou consultas os veciños deben de poñerse en contacto co Concello ou ben chamar ao 986 180242. O Concello conta con dúas estacións depuradoras, en Silleda e na Bandeira.