Servizos Sociais

Programa de Atención Integral a Persoas con Alzheimer e outras demencias e ás súas familias

Dende o ano 2014 o Concello de Silleda en colaboración co colectivo Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias da provincia de Pontevedra (Afapo) desenvolve este programa para o benestar das persoas aqueixadas destas enfermedades e as súas familias ofertando:

 

  • Cursos para familiares e coidadadores/as
  • Obradoiros de estimulación cognitiva
  • Asesoramento a familias

RECURSOS ASISTENCIAIS

  • Teleasistencia domiciliaria. Para persoas maiores en situación de soidade. Dende o 1 de xaneiro de 2019 este servizo é GRATUITO para todos os veciños e veciñas do municipio.
  • Xeolocalizadores. Para persoas con demencias e Alzhéimer
  • Valoración do grao de dependencia. Todas as persoas teñen dereito a solicitala. Unha vez valoradas poden elixir entre os seguintes servizos:
    • Servizo de Axuda no Fogar (SAF)
    • Centro de Día
    • Centro de Residencia
    • Teleasistencia domiciliaria
    • Xeolocalización
    • Asistente persoal
    • Libranza Económica vinculada ao servizo
  • SAF por libre concorrencia. Poden solicitala todas as persoas empadroadas no municipio que se atopen en situación de ancianidade, enfermidade ou soidade.
  • Recoñecemento de discapacidade (antes minusvalía). Para todas as persoas que padezan algunha discapacidade física, sensorial ou mixta.

PRESTACIÓNS ECONÓMICAS

  • Pensión Non Contributiba (PNC). Para maiores de 65 anos ou menores con unha discapacidade igual ou superior ao 65% e que non sobrepasen un teito económico.
  • Renta de Integración Social de Galicia (RISGA). Para todas as persoas que se atopan en situación de exclusión social. Inclúe tamén axudas de emerxencia (AII).
  • Axudas para emigrantes retornados.
    • Subsidio económico de emigrante retornado equivalente a 18 mensualidades de desemprego
    • Axudas extraordinarias a galegos retornados
    • Outras axudas extraordinarias ao retorno

PROGRAMAS LÚDICOS E DE BENESTAR

  • Xuntos polo Nadal. Para persoas que viven en soidade.
  • Termalismo social. Con programas en balnearios diurnos e con pernoctacións da Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia, e do IMSERSO.
  • Viaxes IMSERSO

RECURSOS A MENORES

  • Protección familiar por fillo/a a cargo
  • Programa de Apoio á Natalidade (tarxeta benvida)
  • Axuda por maternidade

RECURSOS MUNICIPAIS

  • Axudas de Emerxencia Social
  • Silleda Solidaria
    • Roupeiro municipal
    • Axudas para arranxar infravivendas
    • Banco de Alimentos
    • Campaña de recollida de xoguetes Un agasallo, un sorriso
    • Nos somos eles, campaña de axuda a refuxiados/as

Este son só algúns dos recursos e prestacións ao servizo da cidadanía no departamento municiapal de Servizos Sociais. Para calquera consulta, duda ou aclaración, non dubides en achegarte ata as dependencias municipais (no Centro Social de Silleda) ou chamar ao teléfono 986 592037.