Precísase mobiliario para equipar o Centro de Acollida Temporal de Taboada

O Centro de Transición de Acollida da vida autónoma situado no edificio central da estación ferroviaria de Ponte Taboada está xa acondicionado. Os operarios municipais remataron en días pasados os traballos de mellora da vivenda. Dende o programa Silleda Solidaria activamos este  chamamento para proceder agora á dotación de mobiliario. Precísanse camas, mobiliario para dormitorios, sillas, cociña de gas, electrodomésticos… As persoas, entidades ou colectivos  que dispoñan destes enseres e mobiliarios (sempre en bo estado de conservación) e queira facer a súa aportación á rede Silleda Solidaria para equipar o centro, deben de poñerse en contacto cos Servizos Sociais (986 592037) indicando o seu nome, dirección e a aportación que fan. O programa Silleda Solidaria encargarase da recollida e traslado á vivenda de Taboada.