Que é a Axenda 2030?
A Axenda 2030 é un programa deseñado pola ONU coa fin de promover un desenvolvemento social e económico que chegue a todas as persoas e que sexa respectuoso co medioambiente.
Para conseguilo, fíxanse un total de 17 ODS ou obxectivos de desenvolvemento sostible, que se centran en cuestións clave como a eliminación da pobreza, a loita contra o cambio climático, a igualdade da muller, unha educación de calidade ou unha mobilidade inclusiva e sostible
Últimas novas
O Concello de Silleda continúa achegando a Axenda 2030 ao alumnado dos centros educativos
Persoal municipal impartiu senllas charlas divulgativas entre as nenas e nenos de 6º do CEIP Plurilingüe e de 5º e 6º do CPR María Inmaculad A rapazada constatou que as
Ler máisO Concello de Silleda inicia os obradoiros “Eu vou comigo” nos centros educativos do municipio
Dirixidas ao alumnado de Secundaria, as sesións impartidas dende o departamento de Igualdade arrancaron no CPR María Inmaculada e continuarán o luns no IES Pintor Colmeiro, centro no que se
Ler máisO Concello de Silleda impulsa a Axenda 2030 entre a mocidade con charlas informativas nos centros educativos
O alumnado de 1º da ESO do Ies Pintor Colmeiro e de 5º e 6º do CEIP Ramón de Valenzuela foron os primeiros en participar nesta iniciativa Os máis cativos
Ler máisO Concello de Silleda presentará o seu Plan Municipal de Saúde Mental 2024-2027
O Concello lanzará oficialmente o plan coincidindo co Día da Saúde Mental, o vindeiro 10 de outubro O Concello de Silleda presentará nas vindeiras semanas o Plan Municipal de Saúde
Ler máisA Axenda 2030 en Silleda
O noso reto consiste agora en adaptar os obxectivos da ONU á nosa propia realidade. Cada un de nós debe pensar como é a Silleda que quere e que podemos facer para construíla. Coas aportacións de todos deseñaremos a Axenda 2030 de Silleda.
A folla de ruta que seguiremos nos vindeiros anos para sentar os cimentos da Silleda do futuro.
Axuda a darlle forma
á Silleda do futuro
Contesta a enquisa que nos axudará a determinar as principais inquedanzas das persoas que vivimos en Silleda.
Tamén levaremos a cabo varias xuntanzas nas que, por sectores, poderás falar de quen somos, que necesidades temos e cara onde queremos dirixirnos.
Con todo este material, elaboraremos un diagnóstico da nosa situación actual e poderemos decidir cales son as actuacións que nos permitirán facer a Silleda que queremos.
A Axenda 2030 inclúe
todas as persoas
As persoas constitúen o eixo da Axenda 2030.
O seu desenvolvemento individual e social vai da man dun crecemento económico respectuoso co medio natural
e ten que alcanzar a todas as persoas
en todas as partes do mundo.
A Axenda 2030 quere acabar coa fame, coa pobreza, coa desigualdade, coas discriminacións.
Tamén pretende protexer o planeta e a saúde, e converter cidades e pobos en lugares máis humanos e amables.
As metas márcanas os ODS.
Enquisa
O Concello de Silleda precisa coñecer as inquedanzas da veciñanza para determinar cales son as necesidades e prioridades de actuación de cara ao cumprimento dos obxectivos da Axenda 2030.
Convidámosvos a cubrir esta enquisa para deseñar a Silleda que queremos.
A túa opinión é importante.
Queres saber máis sobre a Axenda 2030?
Aquí tes máis información para que coñezas polo miúdo a Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
Proxecto financiado ao abeiro da convocatoria de subvencións destinadas a accións para o impulso da Axenda 2030 nas Entidades Locais, financiado integramente pola Secretaría de Estado para la Agenda 2030 dependente do Ministerio de Derechos Sociales, Consumo y Agenda 2030