O Programa Galego de Detección de Cancro de Mama inicia a campaña para as veciñas de Silleda o vindeiro martes

Silleda, 29 de xuño de 2017.  O Programa Galego de Detección Precoz de Cancro de Mama, posto en marcha pola Consellería de Sanidade en colaboración coa AECC, iniciará o vindeiro martes día 4 a campaña para as veciñas de  Silleda. Este programa consiste na realización de mamografías a todas as mulleres con idades comprendidas entre os 50 e os 69 anos.

As mamografías faranse na Unidade Fixa de Exploración, ubicada no Hospital Xil Casares. Mediante unha carta xa se lle está a comunicar ás usuarias o día hora e lugar. Aquelas que non reciban a comunicación por carta poden chamar ao número de teléfono 981141414, no que se lles dará cita.

Como en anos anteriores haberá servizo de autobús (aínda que non é obrigatorio) para aquelas persoas que o desexen, con paradas en Silleda e na Bandeira. Os autobuses sairán e regresarán ás paradas de Silleda (na rúa Trasdeza, preto de Correos) e Bandeira (rúa Xeral xunto á farmacia).

Sairán de Silleda ás 07:45; 09:45 e 11:45 horas; e da Bandeira ás 07:55, 09:55 e 11:55 horas.

Dende a Concellería de Sanidade e Benestar Pilar Peón destaca a importancia de realizar estas probas de exploración para detectar a tempo posibles casos desta enfermidade.