O clube de lectura da Biblioteca Pública Municipal Daniel Castelao de Silleda volveu reunirse coa obra biográfica de Celso Emilio Ferreiro, escrita por Ramón Nicolás Rodríguez, como protagonista. ‘Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro’ é unha densa biografía do autor celanovés, un percorrido vital pola traxectoria dun dos referentes da nosa literatura, que se publicou o ano pasado, no centenario do seu nacemento.
A obra acadou o Premio de ensaio da Asociación de Escritores en Lingua Galega, no ano 2012; e o premio Losada Diéguez (investigación e ensaio), en 2013. Ao acto, ademais do autor, Ramón Nicolás, acudiutamén Luis Ferreiro, fillo de Celso Emilio e presidente da fundación que leva o seu nome.
Pola esquerda, Luis Ferreiro, Gracia Santórum, coordinadora do club, a concelleira de Cultura, Margarita Campos, o escritor Ramón Nicolás e a concelleira de Educación, Pilar Peón