O Concello de Silleda pon en marcha unha nova iniciativa formativa orientada ao ámbito agrícola e ao coidado do medio natural: o Curso de Poda e Enxerto, que se impartirá nas instalacións do Centro Dinamizador de Escuadro.
A proposta, concibida para ofrecer unha formación práctica e accesible, ten como obxectivo capacitar á veciñanza nas técnicas fundamentais da poda e no dominio dos diferentes tipos de enxerto en árbores e plantas.
A actividade desenvolverase ao longo de dous meses, dende o vindeiro 20 de outubro ata o 20 de decembro. Durante este período, as clases terán lugar todos os martes en horario de 17:00 a 19:00 horas no propio Centro Dinamizador de Escuadro.
A formación práctica como impulso ao contorno rural
Desde o Concello de Silleda salientase a importancia de promover este tipo de obradoiros e cursos no municipio, favorecendo o aprendizaxe de labores tradicionais e agrícolas que contribúen á sostibilidade, á mellora das explotacións e ao mantemento do contorno rural.
Inscricións abertas
O prazo de inscrición xa se atopa aberto para todas as persoas interesadas en participar. Para formalizar a reserva de praza ou solicitar máis información, cómpre poñerse en contacto a través do teléfono 986 58 00 00.
Desde o Concello anímase á veciñanza a participar nesta formación, concibida como unha oportunidade para adquirir coñecementos práticos de grande utilidade no día a día do medio rural.
