Silleda, 27 de novembro de 2013. Mañá incorpóranse ao equipo de traballo do Concello de Silleda os dez operarios/as contratados a través do Plan Provincial de Emprego, outorgado aos municipios de menos de 50.000 habitantes.
O grupo está formado por un peón electricista, 1 limpiador, dous peóns de albanel, tres peóns de xardineriría, e outros tres de limpeza viaria. A selección desta convocatoria para personas maiores de 30 anos realizouse a través do Servizo Galego de Colocación. Terán un contrato de seis meses de duración, e traballarán a tempo parcial un total de 25 horas semanas. O alcalde, Manuel Cuíña, xunto cos concelleiros de Servizos, Klaus Brey e de Medio Ambiente, Luis Rodríguez, recibiron esta mañá aos seleccionados/as, que comezarán mañá a traballar para explicarlles como serán as súas tarefas, además de darles a benvida e resolver posibles dúbidas.