Silleda, 2 de decembro de 2013. O Concello de Silleda iniciou hoxe a dotación de dous novos pasos de peóns nas inmediacións do CEIP de Silleda. Esta actuación foi solicitada polos proxenitores de alumnos/as do centro que utilizan o parquin do recinto feiral próximo para estacionar á hora de deixar ou recoller os nenos no centro educativo.
Así, estanse a pintar dous tramos dende o citado parquin ata a beiravía que da acceso ao centro educativo. “Con esta medida damos resposta á petición formulada polos pais e nais para mellorar a seguridade no entorno do colexio, onde tamén se repintaron outros pasos nos últimos meses”, apunta o concelleiro de Servizos, Klaus Brey.