Silleda Solidaria iniciou o reparto de alimentos da campaña de Nadal

 

Silleda, 11 de decembro de 2013. O programa Silleda Solidaria comezou hoxe o reparto de alimentos enviados pola Cruz Vermella. A achega nesta ocasión foi de 1.285 kilos de alimentos, cos que se fixeron lotes para entregar a preto de 70 familias.

Dende os Servizos Sociais, que coordinan o programa Silleda Solidaria, co Banco de Alimentos como unha das principais liñas de actuación, preparánronse dous tipos de lotes: para familias numerosas e para as dun número de membros máis reducido.

Nos lotes figuran legumes (lentellas e garbanzos), arroz, froita e xudías en conserva, pasta, queixo e leite. Logo da primeira entrega, mañá procederase a un novo reparto entre as familias silledenses.

Do mesmo xeito, nos supermercados de Silleda e da Bandeira segue a recollida de provisións de alimentos. Dende o programa municipal a concelleira de Benestar Dolores García agradece á ONG o envio realizado,  “Aínda que esta partida supón un pequeño alivio, seguimos apelando a solidariedade dos veciños e veciñas para aprovisionar o banco de alimentos”, engade. Entre os alimentos que se precisan figuran galletas, conservas ou aceite.

“A recollida nos supermercados está funcionando moi ben”, engade a concelleira, que lembra que cos fondos recadados nos concertos de Nadal se mercarán tamén produtos alimentarios para as familias usuarias dos Servizos Sociais.

A próxima cita será o vindeiro sábado, no concerto da Coral Polifónica Trasdeza, ás 19.30 horas, na igrexa parroquial.