Rematan as obras de mellora dos calellos da Bandeira

Silleda, 13 de decembro de 2013. As obras do proxecto para a mellora dos calellos da Bandeira veñen de rematar nos últimos días. Os traballos para a posta en valor e mellora destes tramos urbanos singulares, ligados á celebración de mercados tradicionais e ambulantes, comenzaron hai varias semanas con distintas actuacións.

Así, ademais de reparar e implementar a accesibilidade arquitectónica,  eliminando barreiras existentes, tamén se arranxaron pavimentos que estaban deteriorados e se lavaron as rúas.

Ademais tamén se instalaron distintos elementos de mobiliario urbano que veñen a mellorar considerablemente a estética destes calellos da Bandeira. Colocáronse en cada un deles dous farois (tipo Charleston), bancos de madeira, papeleiras e tamén grandes maceteros.

No día de hoxe está previsto comezar ademais a colocación de pantas ornamentais e dar os últimos toques á obra, realizada por Instalaciones Deza S.L., e que supuxo unha inversión de 33.000 euros.

Esta actuación realizouse con fondos municipais e coa axuda autonómica  para a adecuación ou mellora de espazos urbanos comerciais.

 

“Con esta actuación dignifícase esta zona da Bandeira, cun entramado urbano singular, e moi concorrida durante as feiras tradicionais dos días 14 e 29. A estética ”, sinala o alcalde, Manuel Cuíña, que hoxe visitou a zona dos traballos xunto co concelleiro de Servizos, Klaus Brey.

As actuacións leváronse a cabo nos calellos da Pomba, do Pulpo, da Capela, o dos Caldeireiros, e Cacharreiros . O alcalde e concelleiro de Obras, Manuel Cuíña, lembra que a posta en valor e conservación dos calellos, como trama urbana única e singular formaba parte das propostas do grupo socialista en materia de urbanismo.