O Concello destinará 30.504 euros a este subministro, financiado a través dos Fondos de Compensación Ambiental da Xunta e do Plan Máis Provincia
O novo equipamento mellorará a eficiencia dos departamentos municipais de obras e medio ambiente
O goberno municipal de Silleda adxudicou á empresa Hermanos Villar A. U. S. L. o contrato para o subministro de dous novos equipamentos: un remolque e unha trituradora polivalente lateral, cun importe total de 30.504,10 euros, IVE engadido. Esta maquinaria reforzará as actuacións de protección ambiental e do espazo natural, incluídas aquelas actuacións que teñen por obxecto a prevención, extinción e xestión de situacións de sinistro ou risco.
En concreto, o novo remolque modular de un eixo será instalado nun dos tractores municipais e destinarase a tarefas de apoio na apertura de cunetas, complementando así a flota municipal que xa se ampliou o pasado ano coa compra dun camión, unha estendedora de asfalto e un pisón. «Con esta complementarase o servizo no departamento de Vías e Obras, ao facilitar a apertura de cunetas previas aos traballos de mellora viaria», sinala a alcaldesa, Paula Fernández Pena. Ademais, o remolque inclúe un portón traseiro abatible para facilitar as tarefas de carga e descarga.
Xunto ao remolque, tamén se adxudicou o subministro dunha trituradora polivalente lateral, que será acoplada a outro dos tractores municipais, permitindo unha maior eficiencia nos traballos de desbroce. Esta nova trituradora, cun ancho total de traballo de 2,2 metros, reducirá o número de pasadas necesarias, axilizando así o traballo do persoal municipal.
Na actualidade, seis tractores están desbrozando o territorio: tres pertencen ao Concello e outros tres foron contratados como reforzo para o verán. A adquisición deste novo accesorio mellorará aínda máis o servizo ao ter un ancho total de traballo de 2.200 metros, reducindo o número de pasadas necesarias , co que “axilizaremos o traballo do persoal municipal”, engade a alcaldesa, Paula Fernández.
Este novo equipamento será utilizado polos servizos de medio ambiente e xardinería do Concello de Silleda, e destinarase principalmente á limpeza de espazos naturais, faixas secundarias e terciarias, noiros de camiños e pistas de titularidade municipal, así como ao transporte de restos vexetais.