A concelleira de Medio Rural de Silleda, Asunción Hernández, asistiu hoxe a unha reunión coas autoridades da Xunta de Galicia e doutros municipios na que se presentou a creación da Ruta das Igrexas e da DOP Arzúa-Ulloa. Este proxecto, que se desenvolve en colaboración con outros 31 concellos das comarcas de Arzúa, Terras de Melide, A Ulloa, Chantada e Deza, busca dinamizar o territorio a través do turismo, destacando o valor do noso patrimonio cultural e gastronómico.
A Ruta permitirá aos visitantes coñecer as diferentes etapas da produción do queixo Arzúa-Ulloa, así como descubrir o patrimonio das zonas implicadas. A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural asume o financiamento desta iniciativa, que ascende a máis de 60.000 euros.