Silleda, 1 de xaneiro de 2014. A Xunta de Galicia, a través do departamento de Patrimonio Cultural, remitiu en días pasados a comunicación de dous novos xacementos arqueolóxicos de recente descubrimento no municipio silledense. Trátase das Mámoas de Carballosa 1 e 2, situadas no lugar de A Calvela, na parroquia de Laro.
Estes novos xacementos inventariados deben de incorporarse agoara ao catálogo de elementos patrimoniais do Plan Xeral, así coma aos planos de ordenación, ademais de ser tidos en conta á hora de autorizar obras que poidan afectar a estes bens ou ao seu entorno.
Ademais tratarse de localizar aos propietarios dos terreo sonde se sitúan estes dous xacementos, para notificarlle a súa existencia, paso para o que Patrimonio Cultural solicita a colaboración do Concello.
As dúas mámoas da Carballosa súmanse así aos oito xacementos que se incorporaron ao catálogo silledense o pasado mes de abril, con cinco petroglifos e 4 mámoas.
Na lista de petróglifos están os de Monte do Santo (Taboada); Monte de Carballeda e Coto do Santo (Siador); Pena Longa 2 e Gorgullós, situados ámbolos dous na parroquia de Cortegada. As mámoas, son as de Mourelos e Campo das Latas (Silleda) e a de Lagoas, tamén en Cortegada.
Estes últimos xa foron incorporados ao Plan Xeral, e cos dous novos descubrimentos, que veñen a engorsar tamén o patrimonio histórico cultural do municipio silledense seguirase o mesmo procedemento.