O acto terá lugar no salón de actos do Concello ás 18.00 h
A obra, editada por Aupa Deza, está escrita por Rosalía Morlán e conta con ilustracións de Olalla Garra
O libro destaca as diferenzas que nos fan persoas únicas, cunha forte colaboración local na súa publicación
O Concello de Silleda acollerá este sábado, 7 de setembro, ás 18:00 horas, a presentación do libro infantil A bolboreta Arlequina. A obra, editada por Aupa Deza, está escrita por Rosalía Morlán e conta con ilustracións de Olalla Garra.
A presentación do libro contará coa participación de ambas as autoras, ademais da presidenta de Aupa Deza, Susa Penido; e Loli Portela, membro de FADEMGA-Plena inclusión Galicia. A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, tamén asistirá ao evento, que se celebrará no salón de actos do Concello.
O libro, que aborda as diferenzas que nos fan persoas únicas, foi posible grazas á colaboración do Concello de Silleda e de moitas empresas locais.