Na xornada de hoxe, mércores 4 de setembro, levaráronse a cabo as tarefas de mantemento dos dous campos de fútbol de herba sintética do municipio: o campo de Outeiriño-Joselu Mato en Silleda e o da Gandareira, na Bandeira, acometidos pola Deputación de Pontevedra en colaboración co Concello. Así, a maquinaria da entidade provincial procedeu hoxe a realizar tarefas de descompactado do caucho e o peiteado do terreo de xogo.
Dende o Concello agradécese a colaboración do organismo provincial na realización destas tarefas, esencial para a boa conservación dos campos onde veñen xa de comezar os adestramentos de cara á nova tempada.