Esta veciña da rúa Pontevedra que exerceu como mestra na localidade, recibiu hoxe os parabéns da alcaldesa e a concelleira de Benestar
María Sara Asunción Fernández Blanco, veciña da rúa Pontevedra de Silleda, soprou hoxe as 101 velas.
Coñecida por todos como dona Sara pola súa etapa como mestra no colexio público da localidade, reside na capital dezá con José Manuel, un dos seus dous fillos. Pese a pequenos achaques como a perda de audición, dona Sara goza dunha excelente saúde e lucidez, como amosou este venres 6 de setembro na conversa que mantivo coa alcaldesa, Paula Fernández, e coa concelleira de Benestar, Ángela Troitiño, que a visitaron na súa residencia para darlle os parabéns en nome de toda a veciñanza.
Con varios netos e xa bisnetos, Sara, é unha das veciñas de Silleda que xa superou a barreira dos 100 anos.