Xa están en marcha as obras de mellora integral da pista de Rabo de Gato, en Moalde,

A actuación realízase a través do Plan Marco, con máis de 100.000 euros de investimento

 

O Concello de Silleda continúa coa mellora integral dos principais vieiros e accesos non rural. Así, veñen de comezar os traballos de mellora integral da pista de Rabo de Gato, na que a través do Plan Marco, acométese esta actuación nun tramo de case 2,5 quilómetros, dende a ligazón coa N-640, no Alto de Xindiriz, ata o entroncamento da estrada que discorre pararela dende Cervaña.

As obras, con aglomerado en quente vertebran ademais os lugares de Casamaría e Rabo de Gato, nos que se mellorará notablemente o accesos aos mesmos. Os traballos foron adxudicados á empresa Taboada e Ramos por un importe de 104.382,83 euros, IVE engadido.

Laro, Breixa e Saídres

Tamén nos vindeiros días actuarase nas parroquias de Laro, Breixa e Saídres, neste caso con cargo á axuda do Plan de Rehabilitación de Camiños de zonas de Concentración ou Reestruturación Parcelaria (2023-24) e asumindo tamén a parte que lle corresponde ao Concello a través dos fondos de Máis Provincia. A día de hoxe xa se está a actuar nestes tres puntos, cos traballos de limpeza aos que seguirán os da renovación da capa de rodadura.

Na parroquia de Laro farase a mellora do vial que dá acceso ao lugar da Pereira, en Saídres actuarase na pista de Maragouzos e no caso de Breixa, o viaeiro do lugar de Breixiña. Neste caso ás obras tamén foron adxudicadas a Taboada y Ramos, por un importe de 201.375,28 euros, IVE engadido.

“Con estes programas continuamos a liña de traballo dos últimos anos, aglomerando en quente os accesos principais e mellorando cunha dotación de maior durabilidade a nosa rede viaria”, explica a alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, que hoxe xoves 12 de setemebro visitou os traballos en Rabo de Gato xunto co edil de Obras, Antonio Ferro, a tenenta de alcaldesa, Mónica González, e o director da obra.