A unidade móbil da axencia de doazón de sangue visita Silleda o vindeiro luns

Estará durante toda a xornada xunto á Casa do Concello

A Unidade Móbil da Axencia de Doazóns de órganos e sangue visitará o municipio silledense nos vindeiros días. Así, este luns día 30 estará en Silleda durante toda a xornada, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas. A cita será na rúa Progreso, preto da Casa do Concello.

Dende a Axencia e o Concello de Silleda damos as grazas a todas as persoas que seguen acudindo a doar, compartindo a súa saúde.