Silleda, 6 de marzo de 2014. O Concello de Silleda volve acollerse ao Plan Provincial de Fomento do Emprego, cun proxecto para contar con 10 traballadores/as durante un periodo de seis meses.Este personal, outorgado a todos os Concellos da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes, adicarase no caso de Silleda ao desenvolvemento dun plan de limpeza, acondicionamento de zonas verdes e de aforro enerxético.
Na solicitude realizada dende o Concello de Silleda propónse, ademais da limpeza de zonas urbanas e vías, o acondicionamento de áreas recreativas e sendeiros, así como a sinalización, desbroce e limpeza de camiños e zonas turísticas. O equipo estará formado por 5 peóns de varrendeiros, 4 de xardinería e un peón electricista.
A selección, ao igual que en anteriores convocatorias será realizada a través do Servizo Galego de Colocación (Oficina de Emprego). Estes contratos serán de intereses social a tempo parcial (25 horas semanais) e terán unha duración de 6 meses, dende o 1 de abril ao 30 de setembro.