O Concello de Silleda vén de remitir unha serie de requerimentos para a limpeza e desbroce de parcelas situadas nas chamadas faixas de protección secundarias de núcleos e vivendas rurais. Estes requerimentos fanse logo da inspección realizada polo Seaga e en virtude do convenio con esta entidade pública.
Donde se pode consultar a extensión a limpar
As persoas propietarias que recibiron dita notificación poden consultar no seguinte enlace a extensión a limpar (marcada en verde), que deben estar limpas de maleza e de especies pirófitas (pinos, eucaliptos, mimosas, acacias negras, queirugas, carqueixas, xestas, uces, fentos, silvas e toxos).
Para comprobar a extensión a limpar, debe introducirse no buscador da Xunta de Galicia o número de referencia catastral da parcela en cuestión:
Enlace para consultar as zonas a limpar: https://mapas.xunta.gal/visores/faixas/
Documento para comunicar a intención de limpar as fincas
Unha vez recibida a notificación para limpar as fincas, as persoas propietarias deberán notificar ao Concello a sua intención de limpar ditas fincas. Para facilitar este trámite, deberán cubrir o documento que se adjunta e preséntalo no Rexistro Municipal do Concello.