A veciñanza poderá degustar gratuitamente diversos petiscos elaborados con produtos certificados do mar e da terra
O camión estará instalado na praza do Concello de 9.00 a 15.00 horas
O vindeiro domingo, 27 de outubro, a veciñanza de Silleda terá ocasión de degustar gratuitamente diversos petiscos elaborados con produtos procedentes do mar grazas á foodtruck da campaña Galicia sabe amar que estará instalada na praza do Concello de 9.00 a 15.00 horas.
Galicia sabe amar é unha campaña da Consellería do Mar que, dende o verán de 2021, percorre a xeografía galega para animar a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e reivindicar o traballo dos profesionais da pesca e do marisqueo.
A Silleda chegará o domingo unha das catro foodtrucks que visitan os distintos concellos de Galicia, con propostas para degustar pratiños realizados con produtos certificados do noso mar e da nosa terra.