A cita, organizada pola asociación Aupa Deza, está dirixida a familias e profesionais
A xornada é de balde para as persoas socias de Aupa Deza, e terá un custo de 10 euros para aquelas que non o son
O Concello de Silleda colabora na xornada formativa TDAH e Adolescencia organizada pola asociación Aupa Deza e dirixida a familias e profesionais interesados en coñecer mellor o Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) durante a adolescencia.
Esta actividade, que terá lugar o sábado 16 de novembro, celebrarase no salón de actos do Concello de Silleda (rúa Progreso, 41) en horario de 9.30 a 13.30 horas. A encargada de impartir a formación será Claudia Balado Alves, psicóloga sanitaria e colaboradora da Fundación INGADA (Instituto Galego do TDAH e Trastornos Asociados).
A xornada é de balde para as persoas socias de Aupa Deza, e terá un custo de 10 euros para aquelas que non o son. As prazas son limitadas ata completar aforo, polo que é preciso inscribirse previamente mediante o código QR dispoñible no cartel informativo ou a través do enlace: https://acortar.link/xrjngp
O Concello de Silleda apoia esta iniciativa co obxectivo de promover a sensibilización e o coñecemento sobre temas de saúde mental e benestar social.