Silleda, 10 de abril de 2014. A empresa concesionaria das obras de renovación do parque infantil situado na praza da Igrexa de Silleda comezou hoxe os traballos para renovar este recinto.
O parque será reformado íntegramente cunha actuación que se financiará cos fondos que lle corresponden ao municipio a través do Plan de Inversión da Deputación (PID), e que supón unha inversión de 47.338 euros.
A finais do ano 2012 o goberno municipal decidiu realizar o proxecto de renovación destas instalacións, que levaban anos acusando un grave deterioro, e sobre tendo en conta que se trata dunha das zonas máis concorridas de xogo. “Por fin, logo de meses de espera dende que a Diputación adxudicou os traballos, da comezo unha das actuacións máis agardadas polos veciños e veciñas de Silleda”, apunta o concelleiro de Obras e Servizos, Klaus Brey.
O goberno municipal, á vista de que as obras se viñan retrasando e da perigosidade que supoñía o mal estado dos columpios para os usuarios, decidiu pechar o acceso ao parque hai dúas semanas, por motivos de seguridade.
Coa intervención proposta búscase mellorar este espazo en canto a seguridade, homologación, accesibilidade e tamén calidade e respeto ao ornato público.
Os xogos serán substituídos por outros máis actuais e homologados, e o pavimento tamén se cambiará por un de tipo deportivo. Tamén se restaurarán as actuales vallas do peche, mellorando éstas cunha nova colocación da pletina que redunde en mellores condicións de seguridade. Os bancos serán restaurados e pintados e colocarse mobiliario como papeleiras.
O proxecto tamén reserva unha partida para a realización dun pequeno parterre no areeiro que actualmente ocupa a esquina do parque, e que apenas está a ser utilizado. En total actuarase nunha área de 290 metros cadrados.
Agardase que o parque quede rematado nos vindeiros días. A empresa que realiza as obras, Lappset, é tamén adxudicataria da renovación do parque infantil da praza da Feira da Bandeira, unha actuación que se agarda que comece despois da do parque silledense.