Silleda, 15 de abril de 2014. O programa de Benestar en Balnearios vén de abrir unha nova convocatoria, cun total de 13 establecementos participantes. Todas aquelas persoas que desexen acollerse a esta iniciativa poden anotarse no Centro Social de Silleda ata o vindeiro día 10 de maio. Alí ademais do formulario de solicitude tamén se ofrece información sobre a oferta deste programa, posto en marcha pola Consellería de Traballo e Benestar Social.
Trátase de estadías de 10 días con tratamento termal, aloxamento, manutención e animación sociocultural (modalidade de “todo incluído”), con ofertas nun total de 13 balnearios de toda Galicia.
Os solicitantes deben de ser maiores de 65 anos o de 60 e ser pensionistas.
Todos aqueles que queiran recibir máis información sobre as condicións do programa, prezos, ou outras cuestións tamén poden poñerse en contacto telefónico co departamento municipal de Benestar Social, chamando ao número de teléfono 986 592037.