Silleda, 23 de abril de 2014. O Concello de Silleda vén de convocar unha reunión informativa cos propietarios e propietarias dos terreos por onde discorre a Liña de Media Tensión proxectada pola empresa Unión Fenosa Distribución S.A entre os municipios de Boqueixón e Silleda. A cita será o venres 25 ás 18.00 horas no local social da parroquia de Cira, onde se sitúan os terreos afectados por este proxecto, que se atopa en proceso de información pública. O alcalde de Silleda, Manuel Cuíña, e o concelleiro de Servizos e Medio Rural, Klaus Brey, asistirán a este encontro, para o que se convocou dende o Concello a máis de vinte propietarios afectados desta parroquia silledense.
O pasado 16 de abril o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o anuncio da Consellería de Economía e Industria polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica.
Tratase dunha LMT a 20 kv de 2.786 metros de lonxitude, estruturada en dous tramos aéreos con conductor e tres subterráneos.
“Dende o Concello queremos informar e ofrecer asesoramento os propietarios e propietarias afectadas”, indica o alcalde, Manuel Cuíña.