Silleda, 28 de abril de 2014. O pasado luns comezou no Centro Social de Silleda un curso para persoas que teñen ao seu cargo familiares con Alzhéimer e outras dependencias , e que constará de 4 sesións. Esta iniciativa xurdiu a raíz da proposta feita na sesión formativa de grupo que se celebrou o pasado mes de febreiro da man da Fundación Barrié e a Federación de Asociacións Galegas de Enfermos de Alzhéimer (Fagal), que veñen promovendo dende hai meses o chamado Programa Red Paraguas Alzheimer.
Este programa naceu en 2013. O que se busca con este proxecto é mellorar a calidade de vida das familias e dos coidadores de enfermos con Alzhéimer ou outras demencias. Nestas sesións, impartidas por un equipo multidisciplinar de profesionais (médico, traballadoras sociais…) tamén se trata de aliviar a presión das familias coidadoras e evitar o seu illamento social e a merma da súa calidade de vida. Hoxe luns celebrase de 17.00 a 19.30 horas a segunda das sesións, ás que asisten 21 veciños e veciñas de Silleda.
A concelleira de Servizos Sociais, Dolores García, apunta que con esta iniciativa buscase axudar ás persoas que coidan dalgún enfermo con estas doenzas con sesións de apoio nas que nas que poderán resolver dúbidas, compartir experiencias…