Silleda, 28 de abril de 2014. O Clube BTT Trasdeza, que organizou onte a exitosa Kedada Solidaria en bicicleta de montaña fixo entrega esta mañá ao Concello de preto de 200 kilos de alimentos non perecedeiros, que se destinarán ao programa Silleda Solidaria.
O alcalde, Manuel Cuíña, e Klaus Brey, o concelleiro de Deportes, recolleron de mans dos responsables do colectivo a aportación destes produtos, que pasarán a mellorar as provisións no Banco de Alimentos, axudando as familias usuarias dos Servizos Sociais.
“É un pracer contar en Silleda con asociacións coma esta que organizaron esta exitosa iniciativa tamén con fins solidarios”, indica Cuíña, que reiterou hoxe o seu agradecemento ao grupo e aos 150 participantes na ruta celebrada o domingo.
Dende a organización, Rubén Vázquez e Alejandro Caramés, de RG Bikes, agradeceron tamén a gran resposta que tivo a cita entre os aficcionados, así coma a todas as entidades colaboradoras (Concello de Silleda, Silicom, Trota Montes, Bar do Pepe, Arlit, Restaurante Pino, Lalinfrut e Mapfre.