Esta nova iniciativa solidaria forma parte da programación do Plan de Saúde Mental 2024-2025
Silleda lanza a campaña de voluntariado social contra a soidade non desexada no Nadal, unha iniciativa que conecta persoas voluntarias con aquelas que sofren soidade, busca fomentar encontros e crear espazos onde todas as persoas se sintan acompañadas nestas datas tan especiais.
Esta acción marca un importante paso dentro do recentemente presentado Plan Municipal de Voluntariado, sendo esta unha das primeiras iniciativas que se van a poñer en marcha, logo da campaña de captación de personas voluntarias celebrada a semana pasada.
Así pois, esta campaña arranca xa coa creación dunha rede de acompañamento na que participarán inicialmente as persoas xa inscritas no voluntariado social así como as persoas en situación de soidade detectadas pola Concellería de Benestar Social. Sen embargo, estará permanentemente aberta a participación de toda a cidadanía que esté interesada, tanto en aportar o seu compromiso e solidariedade, como ás persoas que busquen nesta iniciativa poder romper coa súa soidade.
Entre as accións concretas de esta campaña está a formación en habilidades emocionais previas para as e os voluntarios que participen nesta rede de acompañamento para garantir que os encontros cos participantes sexan aínda máis enriquecedores.
Ademais, establécese unha programación específica que inclúe accións como os Espazos de Conversa, encontros moderados por profesionais onde as persoas participantes poderán expresar emocións relacionadas coa soidade e o duelo, reforzando así o traballo da rede de voluntariado.
Dende o Concello faise un chamamento a toda a veciñanza para que se sume a esta iniciativa xa sexa participando como voluntarios ou inscribíndose como persoas que desexen formar parte desta rede de apoio. “O Nadal é unha oportunidade perfecta para reforzar os lazos comunitarios e demostrar que ninguén está só nestas datas tan especiais”, di Ángela Troitiño, concelleira de Benestar Social.
Compromiso co benestar emocional
Esta campaña enmárcase na programación do Plan de Saúde Mental 2024-2025 que busca promover o benestar emocional, previr problemas de saúde mental e crear unha comunidade máis conectada e solidaria.
O primeiro trimestre deste plan está centrado na loita contra a soidade non desexada, o apoio ás persoas que afrontan perdas e a prevención do suicidio.
O Concello de Silleda reafirma o seu compromiso coa saúde mental e coa promoción de políticas públicas que melloren a calidade de vida e fomenten a cohesión social.
Para máis información sobre a campaña e inscricións, pode contactar coa Área de Benestar Social no telefono 986580000 ou visitar as redes sociais oficiais do Concello.