Julio Mato del Río, será protagonista na presentación do volume, tamén con receitas de Estefanía Folla Colmeiro, que terá lugar no salón de actos do Concello ás 20:30 horas
Silleda acolle mañá a presentación do libro A voltas co prato, con receitas dos cociñeiros e cociñeiras que participan no programa homónimo da TVG. O chef silledense Julio Mato del Río será o protagonista desta presentación, que terá lugar ás 20:30 horas no salón de actos do Concello de Silleda. Julio Mato estará acompañado por outra integrante do equipo de cociñeiros do programa, Begoña Vázquez, así como pola escritora Ana Cabaleiro, e a concelleira de Cultura, Mónica González.
No volume, editado por Galaxia, Silleda ten una notable presenza, tamén con receitas doutra silledense que participa no certame televisivo, Estefanía Folla Colmeiro, e que dirixe a xornalista Inés Colmeiro, tamén con raices no municipio.