-
A cita será o vindeiro luns día 23, ás 17:00 horas, na praza Siñor Afranio
O programa de Nadal do Concello de Silleda iniciará a vindeira semana cun agardado espectáculo que chega á vila a través do programa Máis Escénicas, da Deputación de Pontevedra.
Trátase de O autoestopista intergaláctico, un show de ciencia ficción, de clown e transformismo, con continuas mudanzas de vestiario e personaxes cómicos, dotados de poderes propios que desafían a lei da gravidade con equilibrios imposibles, que teñen tamén un control total de obxectos malabares e que paralizan ao público con monólogos desternillantes.
A cita con este viaxe interestelar polo absurdo será o vindeiro luns día 23 ás 17:00 horas na praza Siñor Afranio, fronte a Casa do Concello. Trátase dun espectáculo para disfrutar en familia.