Silleda, 20 de maio de 2014. O Concello de Silleda vén de ampliar a recollida selectiva de aceite usado, coa colocación dun total de 4 novos colectores nos dous casos urbanos do municipio. Deste xeito, o número de colectores duplícase no municipio, pasando de 4 a. A recollida chega a través dun convenio de colaboración coa Fundación Sigoleo, que hoxe procedeu á colocación dos novos colectores.
Así quedaron instalados dous novos en Silleda: na rúa Venezuela (na intersección coa rúa Emilio Alonso Paz) e na intersección da rúa Carballeira do Chousiño coa rúa Xeral. Estas novas instalacións súmanse as que xa levan tempo en funcionamento na avenida do Parque, na praza da Feira Vella e na rúa República Arxentina.
Mentras, na Bandeira onde só estaba instalado un colector na praza da Feira, os veciños e usuarios contan dende hoxe con outras dúas instalacións: unha xunto ao centro médico da localidade e outra no entorno de Vista Alegre, na rúa Xeral.
Con este medida búscase fomentar a reciclaxe de aceites domésticos usados, evitando un depósito incorrecto. Dende a Concellería de Medio Ambiente, Luis Rodríguez, que hoxe tamén estivo presente na colocación dos colectores advirte que no último ano Silleda experimentou un notable ascenso nos datos de recollida. Así, mentres que no ano 2012 se recolleron 1.255 litros, no pasado exercicio de 2013, o volumen de aceites depositados alcanzou os 1.925 litros.
Dende a Fundación Sigoleo, o seu presidente, Manuel Romero, indica que o obxectivo é continuar potenciando a recollida selectiva destes aceites, que está a ser moi positiva, dando lugar ao aumento de máis dun 50% nas recollidas de 2013 respecto ao ano anterior.
Luis Rodríguez lembra que a recollida se realiza cada dúas ou tres semanas nos puntos habilitados. O concelleiro de Medio Ambiente fai tamén un chamamento aos veciños e veciñas para conciencialos da importancia de depositar (en botellas de plástico) os aceites usados “evitando así que moitas veces cheguen a través das tuberías a danar instalacións coma os sumidoiros e afectando tamén ao medio ambiente”, engade.