A liquidación de 2013 volve pecharse con resultado positivo e todas as facturas pagadas

Silleda, 23 de maio de 2013. O goberno municipal de Silleda dará conta no pleno ordinario do vindeiro mércores día 28 da liquidación do exercicio 2013, que arroxa de novo un  resultado positivo, con 35.064, 17 euros. Así mesmo, a liquidación reflexa que se pagaron ademais todas as facturas do pasado ano.

“De novo, e logo do resultado excepcional e histórico de 2012 volvemos a pechar o exercicio pasado en positivo, e deixando todos os pagos realizados”, engade o alcalde e responsable de Facenda, Manuel Cuíña Fernández.

 “As políticas seguidas por este goberno no plano económico dende o inicio da lexislatura están a dar os seus froitos”, advirte Cuíña.

Gastos

No tocante aos gastos, segundo se recolle no informe de Intervención, as obrigas recoñecidas netas supoñen aproximadamente o 94,15% dos créditos definitivos, o que indica un “importante grado de execución do gasto”. Isto vén a ratificar que o orzamento de 2013 estaba ben prantexado como agora se demostra na liquidación.

A liquidación das contas arroxa ademais outros datos significativos para reaxustar a situación económica municipal. Así, ademais do descenso  no gasto de persoal en case un 2%, no informe recóllese que os gastos en bens correntes e servizos se viron reducidos nun 23% respecto ao ano 2012. “De novo tivemos que seguir pagando máis cousas, tendo en conta os convenios por impago, ou sentenzas, e non deixamos facturas sen recoñecer, puidendo rematar de novo con números en positivo, o que signifíca que sí se pode encamiñar a contabilidade neste Concello”, sinala Cuíña.

Os gastos financieiros incrementáronse en pouco máis dun 3% respecto ao ano anterior, debido ao pago de intereses do crédito solicitado ao abeiro do Real Decreto 4/2012, polo que se solicitou o crédito para o pago a proveedores.

Respecto ás transferencias correntes (axudas a asociacións, partidos políticos, axudas sociais…) estas, logo de baixar un 33% o pasado ano, experimentan un repunte incrementándose nun 2,70%.  

En canto aos gastos de capital, as inversións reais realizadas ascenderon o pasado ano a 422.465 euros, se ben a maior parte foron realizadas por outras administracións, aínda que o Concello tamén puxo parte dos fondos nalgunhas delas.

O informe advirte literalmente que “é necesario continuar implementando medidas eficaces de contención do gasto e incremento de ingresos, tal e como se recolle no plan de axuste aprobado polo Pleno da Corporación en marzo de 2012”.

Ingresos

A recadación de impostos directos reduciuse nunha pequena porcentaxe. Este descenso, como reflexa o informe, vén dado pola diminución respecto á recadación por Bens de Características Especiais (BICES), debido ás reclamacións efectuadas pola concesionaria da AP-53.  Así, estas reclamacións xudiciais supuxeron anular o cobro de máis de 292.000 euros.  

Nos impostos indirectos  o Imposto de Construccións, Instalacións e Obras (ICIO) aumentouse de 4.300 a 35.000 euros. Este aumento débese a que o pasado ano, pese a orzamentarse tamén máis de 30.000 euros, houbo que devolver os cartos da licenza dun edificio que non se chegou a executar.

Os ingresos por taxas sufriron un descenso, debido a que no ano 2012 se pasaron ao cobro tres padróns pola recollida de lixo. A recadación por este concepto foi de 442.620, 26 euros. O informe lembra que neste exercicio se incrementará a recadación logo da actualización das taxas pola nova ordenanza reguladora do servizo.

Nas transferencias de capital, fondos procedentes de Administracións superiores, reducíronse en preto de 100.000 euros, pasando de 2.430.158,08 a 2.302.898,34 euros.

Os datos de ingresos arroxan un dato preocupante xa que mais do 54% procede de transferencias correntes e transferencias de capital “o que demostra a escasa autonomía económica do concello, algo que temos que intertar correxir nos próximos exercicios”, apunta o alcalde.

Análise do remanente de tesorería

O remanente de tesourería é unha magnitude que mide a posición téorica de liquidez ou iliquidez da entidade, tendo en contar distintos baremos (os fondos dispoñibles e os que se deben).

Segundo o informe os fondos líquidos de tesourería reducíronse, pasando de 808.631,21 euros no 2012 a 554.601,89 euros,  ao tempo que se produce de novo unha diminución moi importante nas obrigas pendentes de pago,  que pasan de 1.629.433,14 euros no 2012 a 1.153.161,57 euros no 2013.

Un dos datos máis significativos neste apartado é que o remanente de tesourería para gastos redúcese de forma significativa respecto a 2012, pasando de -636.513,47 euros a -396.327,10 euros. “Esto significa que seguimos a reducir as cifras negativas do remanente”, indica o alcalde.

Neste senso, Cuiña advirte de que a pesar de que a nova Lei 27/2013 de Racionalización e Sostenibilidade das entidades locais establece unha serie de parámetros para calcular os saldo de dubidoso cobro, (que está fixado en 2.548.162,93 euros),  “preferimos ser máis prudentes e ampliar a cantidade, xa que de facelo como di a nova lei, o remanente de tesourería reduciríase en case 150.000 euros, pero por prudencia, fixemos un cáculo máis restrictivo e menos optimista”, engade.

                                   Informe de intervención . Conclusións

No informe de Intervención, conclúese literalmente que a situación económica do Concello segue a ser  precaria, tal e como se deduce de remanente de tesourería para gastos xerais, cun resultado negativo pese ás reduccións feitas nos últimos anos.  “Faise necesario implementar as medidas necesarias para acadar unha redución no gasto e a súa optimización, profundizando na liña de contención de gasto xa iniciada no ano 2012, e unha importante mellora nos ingresos, de acordo coas prescricións recollidas no Plan de axuste”, reza o informe.

 “A contención de gasto que comezamos a aplicar neste mandato e as políticas de aforro xa están a dar os seus froitos. Que a liquidación municipal reflicta un saldo positivo, aínda que só sexa de 35.000 euros, é xa todo un logro neste Concello”, engade o rexedor.

Nas conclusións do informe tamén se destaca que no exercicio de 2013 tamén se aprobou o incremento de taxas pola recollida de lixo, que surtirá efecto en 2014, “e que é unha das medidas máis importantes en materia de ingresos dentro das contempladas no Plan de Axuste”, recolle o texto.

Cuíña sinala que “visto o resultado excepcional do pasado ano e a liquidación deste último orzamento, alguén do PP tería que dar explicacións de porque, mesmo nos anos de bonanza económica cando non había crise, arruinaron desa maneira o Concello de Silleda”.

Remarca que o goberno “o único que fai é aplicar unha filosofía de sentido común: non gastar o que non se ten”.