Silleda, 17 de xuño de 2014. O executivo municipal sillendese ten previsto acordar na Xunta de Goberno Local -que se celebrará a finais desta semana – o inicio do proceso para adxudicar a xestión das dúas Estacións Depuradoras de Augas Residuais (EDAR).
Esta decisión chega logo de rematar o contrato, xa en 2013, que o Concello mantiña con Espina y Delfín para levar a depuradora de Silleda. Así mesmo no caso da Bandeira, o Concello viña asumindo o seu funcionamento dende a súa posta en marcha.
No caso da de Silleda, dende o pasado 4 de xuño, logo de varias prórrogas con Espina y Delfín, o Concello fíxose cargo das instalacións, o que obriga a ter un operario de forma continuada na EDAR situada no lugar de Rosende.
“A xestión municipal nestes momentos é case inasumible, non só no relativo á contratación de persoal debidamente cualificado, senon tamén por outras cuestións técnicas”, indica o alcalde.
Logo de acordar o proceso, deberanse de aprobar os pregos onde se recollas as condicións do contrato.
Na Mesa da Auga, que se deu por concluída o mes pasado, representantes dos grupos políticos municipais e colectivos veciñais e de comerciantes e empresarios, acordouse non prorrogar no caso do servizo abastecemento, o contrato a Espina y Delfín, que continuará asumindo este servizo ata o ano 2016.