Silleda, 21 de xuño de 2014. O goberno local de Silleda vén de designar aos delegados municipales en todas as parroquias do termo municipal. “Por primeira vez en varios anos, o Concello conta coa figura dos delegados e delegadas en todas e cada unha das nosas parroquias”, destaca o alcalde, Manuel Cuíña, que asinou o decreto polo que se nomea aos/as 33 representantes.
Os delegados/as encargaranse de servir de enlace entre o goberno municipal e os veciños e veciñas de cada parroquia, á hora de atender as demandas e necesidades que poidan xurdir.
“Deste xeito, poderemos ter un nexo coas diferente localidades atendendo de forma coordinada a todas as peticións e necesidades”, engade o rexedor.
O nomeamento coordinouse dende o departamento de Participación Cidadá, que dirixe Pilar Peón. Está previsto que en vindeiras datas se estableza tamén un calendario de visitas para todas as parroquias, con reunións abertas a todos os veciños e veciñas contando coa presenza dos distintos delegados municipais. “Queremos que sexan estes 33 homes e mulleres os que canalicen todas as demandas e preocupacións dos seus veciños e estamos seguros que farán un bo traballo”, apunta Cuíña.
Logo dun fallido intento de elección dos chamados consellos parroquiais, que contaron con unha baixa participación, o Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Silleda modificouse para ser máis funcional. Algúns dos delegados/as corresponden ás persoas elixidas naquel proceso de elección, nos casos nos que se superou o 20% de participación.
O calendario de reunións nas 33 parroquias quedará fixado, probablemente, despois do verán. “Dende o goberno consideramos clave contar con unha persoa en cada parroquia que canalice a atención que se precisa en cada caso”, engade Cuiña.O grupo celebrou onte venres a súa primeira xuntanza con membros do goberno local, nunha cea de traballo onde xa se comezaron a marcar a liñas a seguir nas parroquias.
O listado de delegados/as é o seguinte:
|
PARROQUIA |
NOME E APELIDOS |
|
ABADES |
JOSÉ MANUEL FOLLA GONZÁLEZ |
|
ANSEMIL |
ANA MARÍA GUZMÁN SANTISO |
|
MÁNDUAS |
Mª DEL CARMEN CARAMÉS MACEIRA |
|
BREIXA |
ROSA LOSADA ALCOBRE |
|
CARBOEIRO |
ENRIQUE CUIÑA FERNÁNDEZ |
|
CERVAÑA |
XOSÉ RAMÓN SAAVEDRA DIEGUEZ |
|
CHAPA |
MANUEL PENA FRAMIÑÁN |
|
CIRA |
JOSÉ LUIS LUGO BASCUAS |
|
CORTEGADA |
CARLOS FONDEVILA LÓPEZ |
|
DORNELAS |
FRANCISCO BEIS RECIMIL |
|
ESCUADRO |
MANUEL IGLESIAS PÉREZ |
|
FIESTRAS |
ADOLFO DAPENA SÁNCHEZ |
|
GRAVA |
MANUEL ROZADOS VILLAR |
|
LAMELA |
ALFONSO GONZÁLEZ TEJO |
|
LARO |
JESÚS TABOADA LÁZARA |
|
MARGARIDE |
BENITO SAAVEDRA VÁZQUEZ |
|
MARTIXE |
ISABEL CASAL CREO |
|
MOALDE |
PEDRO GONZÁLEZ MOREIRA |
|
NEGREIROS |
TERESA RODRIGUEZ VÁZQUEZ |
|
O CASTRO |
MANUEL PABLO PEREIRO SALGUEIRO |
|
OLEIROS |
JOSÉ ANTONIO ALAMANCOS ROZAS |
|
PARADA |
MARIA TERESA TABOADA DOBARRO |
|
PAZOS |
ANA ROSA CORNADO MOLINA |
|
PIÑEIRO |
JUAN MANUEL GONZÁLEZ MOLINA |
|
PONTE |
JOSÉ A. SANMARTÍN VÁZQUEZ) |
|
REFOXOS |
JOSÉ VALIÑAS GARCÍA |
|
RELLAS |
ANA LUISA GONZÁLEZ COSTA |
|
SAIDRES |
JOSÉ VALLADARES FERNÁNDEZ |
|
SIADOR |
Mª CARMEN SÁNCHEZ FONTAO |
|
SILLEDA |
ROSENDO ESTÉVEZ LÓPEZ |
|
TABOADA |
Mª CARMEN BALDONEDO VILARIÑO |
|
VILAR |
JOSÉ CARNERO CARDIGONDE |
|
XESTOSO |
VICTORINO MÍGUEZ SALGUEIRO |
