Silleda, 1 de xullo de 2014. O Concello de Silleda informa aos veciños e veciñas de dúas ordes autonómicas, da Consellería de Economía e Industria, para a rehabilitación e mellora de edificacións, publicadas o pasado venres 27 de xuño no Diario Oficial de Galicia.
Tratase da orde pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a rehabilitación con granito nas fachadas de edificacións e outra para a renovación de cubertas con tella cerámica. En ámbolos dous casos o prazo de presentación de solicitudes rematará o vindeiro día 31 de xullo e estas deberán de presentarse preferiblemente por vía electrónica, a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es).
As persoas interesadas en concorrer a estas axudas poden recibir máis información na web da Consellería, nos teléfonos 981 957092/981 957259 ou no enderezo electrónico cei.dxiem.axudasminas@xunta.es .