Silleda, 4 de xullo de 2014. O Concello de Silleda, a través do departamento de Emprego, Educación e Participación Cidadá, organizará un curso de Deseño de Páxinas Web, incluído dentro do programa Actívate 2014, da Deputación Provincial de Pontevedra.
O ciclo, de 40 horas de duración e de carácter gratuito, está dirixido a mozos e mozas de entre 16 e 35 anos, con residencia na provincia de Pontevedra. Como mínimo debe de haber 10 alumnos, e como máximo 25. As persoas interesadas xa poden formalizar a inscrición no Rexistro Xeral do Concello a partir do vindeiro luns día 7, a dun modelo oficial que se facilitará nestas mesmas dependencias (pranta baixa da casa consistorial).
Os horarios e datas do curso estabreceránse en vindeiras datas. As solicitudes admitiranse por orden de rexistro. No caso de que o número de solicitantes superase o das prazas ofertadas, terase en conta, en primeiro lugar ás persoas desempregadas (seguido das activas) que non participasen na edición do programa Actívate do ano 2013.
Dende o Concello de Silleda apostase así este ano polas novas tecnoloxías nesta nova iniciativa de formación, un dos sectores que tamén está a ofrecer posibilidades para unha saída laboral ao colectivo dos máis novos, un dos máis castigados pola crise.
Este curso xa se celebrou con éxito o pasado ano.