O prazo para a convocatoria dunha praza de Traballor/a Social, aberto ata o 29 de xullo

O Concello de Silleda vén de abrir a convocatoria para o proceso de selección para cubrir, mediante o sistema de oposición por quenda libre, unha praza de funcionario/a como traballador/a social (subgrupo A2).

Esta provisión da praza enmárcase na Oferta Pública de Emprego correspondente a 2024. Os requisitos das persoas aspirantes, características do posto e todas as cuestións relativas ao proceso, pago das taxas, documentación a presentar  e demais información, figuran nas bases que foron publicadas o pasado día 19 no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

O prazo de presentación das solicitudes, tal e como establecen as bases (preme aquí), seá de 20 días habiles contados a partir do día seguinte á publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE), que se formalizou o pasado 27 de xuño.

O prazo para presentarse á convocatoria rematará pois o vindeiro 29 de xullo.